top of page
 

 

O proxecto Vitamína-T, organizado pola Asociación Club Emprende MAS grazas ó programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, consistiu na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotar ós xóvenes da motivación e das habilidades precisas de cara ao seu futuro. O obxectivo final foi promover actitudes innovadoras e proactivas no noso entorno. Desenvolveuse en 4 fases que tiveron lugar ao longo do mes de outubro na Universidade de Santiago de Compostela e no Edificio Cersia Empresa do Concello de Santiago:

 

  • Fase 1: Toma de contacto

 

Consistiu nunha serie de charlas informativas realizadas en diversas facultades da USC (Dereito, Farmacia, ETSE e Periodismo) e nunha macrocharla motivacional e dinámica na Facultade de CC.EE. e Empresariais na que contamos coa presenza de Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat (socios de Suma Importancia que impartiron a conferencia “Dejadme Soñar”), Santiago Martínez (profesional da Oratoria que nos relatou o seu caso de éxito) e Álex Pardo (monologuista que amenizou o peche da xornada).

 

  • Fase 2: Design Competition

 

Consistiu na superación dun reto emprendedor dunha empresa real empregando a creatividade e a imaxinación. Os xóvenes puideron darse a coñecer profesionalmente aportando o mellor de eles mesmos. A maiores tamén debatiron sobre temas de emprendemento e de éxito profesional.

 

  • Fase 3: Design Thinking

 

Para os xóvenes que superaron o Design Competition comezou esta fase, na que a profesional Dolores Diz fixo una dinámica de “Pensamento de Deseño”. Dito workshop é unha metodoloxía aplicable a calquer ámbito que requira un enfoque creativo baseado nos principios de empatía, imaxinación, experimentación, prototipado colaborativo, pensamento integrador e aprendizaxe interactivo.

 

Ao finalizar esta dinámica gozamos da presenza de Santiago Martínez, quen empregou as técnicas da comunicación e do debate para fomentar actitudes e propostas creativas baseadas en argumentacións sólidas. Deste xeito potenciáronse as habilidades comunicativas.

 

  • Fase 4: Posta en común

 

Consistiu na posta en común do aprendido durante as diversas fases anteriores, na exposición dun vídeo resumo das mesmas e na realización dun networking. Buscabamos poñer á xuventude en contacto con emprendedores, empresarios e representantes de institucións a fin de que puideran xerar sinerxias con eles. Entre os que chegaron a esta fase sortearemos unha Tablet libre Blusens Touch 90.

 

          

Os principais obxectivos a acadar, os cales foron cumpridos satisfactoriamente, consistían en:

 

  1. Xerar nos xóvenes unha actitude emprendedora ante a actual situación económica para que teñan presentes tódalas alternativas ás que poden optar no noso entorno.

 

  1. Fomentar a relación interpersoal entre os propios xóvenes de xeito que poidan establecer sinerxias entre eles de cara a colaborar nun futuro cercano ou de cara a mellorar a súa participación social.

 

  1. Dotar de novos coñecementos, fundamentalmente experienciais, tanto ós xóvenes participantes coma ós profesionais e demais colectivos implicados neste proxecto.

 

  1. Crear un espazo de comunicación constante e indefinido no que os xóvenes poidan interactuar e así favorecer o seu desenvolvemento persoal e profesional, obtendo apoios e xerando valor.

 

  1. Aportar as habilidades necesarias ós xóvenes de cara a emprender sexa cal sexa o seu ámbito de actuación.

 

 

O proxecto estivo destinado aos xóvenes, fundamentalmente universitarios, cun marcado carácter emprendedor ou que teñan algún proxecto, idea ou soño en mente. Polo tanto, o público destinatario ten entre 18 e 35 anos e procede da Comunidade Autónoma de Galicia na súa mayoría, aínda que tamén contamos con estudantes de posgrado doutros lugares como América do Sur.

A nosa intención era chegar ao maior número de xóvenes posible, a fin de cumprir o noso obxectivo primordial que é difundir o espíritu emprendedor e a cultura emprendedora dende a universidade. 

bottom of page