top of page
"Se algo pode saír ben, sairá ben"
Alejandro Iglesias Pampín
A miña experiencia en Vitamína-T
María Rodríguez Carballo

Neste espazo podedes compartir as experiencias dos participantes nos nosos proxectos e tamén as vosas propias

Atopeime con moito máis do que agardaba. Son María Rodríguez (22), graduada en Historia da Arte pola USC. Na actualidade estudio un máster de Estudos da Literatura e da Cultura. Fai uns días tiña na mente a inamovible idea de continuar ó ano que ven co doutoramento, pero estas xornadas tiveron tanta repercusión en min que estou pensando en dedicarme  profesionalmente á fotografía artística. Sempre sentín atracción por este campo, pero recientemente descubrín que agochaba unha habilidade en potencia. Quería explotalo dalgún xeito, que tivese certa repercusión, pero sentíame frustrada ó non conseguir nada máis que un mero eco entre o meu blog e os amigos de facebook. Entón, xusto por este mesmo medio, lin un pequeno anuncio onde ofrecían unha remuneración por grabar e facer un vídeo final dunha serie de xornadas. Eu non tiña nin idea sobre que ían tratar. A mín o que me interesaba era a experiencia que adquiriría (pois sería a primeira vez que traballaría seriamente nalgo do que so tiña coñecementos autodidactas e pouca práctica), e os cartos.

Emprende Máis era o grupo organizador. Reuninme con eles para especificar as miñas funcións, explicándome en que consistían as xornadas de Vitamína-T. Nin sequera nese momento me interesou o suficiente como para apuntarme, feito que cambio radicalmente tras escoitar as charlas. Estaba tan absorta e tan emocionada co que escoitaba que case esquecía facer o meu traballo. Cando rematou a primeira sesión non dubidei, inscribíndome enseguida e participar nas súas actividades. E o que descubrín foi máis do que me imaxinaba, tanto a nivel personal como profesional. Agora entendo o meu desinterese inicial: o descoñecemento. Non sabía quen eran os poñentes, nin era sabedora dos temas que ían comentar. Todo sonábame raro: empresas, marketing, emprender... Eu tiña claro o que quería facer coa miña vida: acabar o máster, presentar a tese e buscar traballo como periodista cultural na radio. Tampouco me desagrada, pero tras “vitaminarme” coas catro sesións, estou comezando a encamiñar o meu tempo a outras opcións. E o vexo posible, porque non empezo soa. Nas charlas coñecín a moita xente coas mesmas ganas de poñer en acción o seu potencial. En concreto un rapaz, e xuntos queremos levar a cabo un proxecto de fotografía, animais e arte. Ampliei a miña marca persoal (InterpretArte) ata twitter.

Agora mesmo véxome co doble de forza, ánimo e ganas que antes. Estes encontros supuxeron a miña primeira vez en moitos campos. Ó longo das xornadas falabamos da conexión dos puntos no futuro, da repercusión que terán máis adiante os nosos actos, aínda que agora non nos percatemos. Só se poden unir os puntos hacia atrás. E neste caso, xa comprobo a consecuencia de ter asistido. Estou desexando ir a máis actividades do estilo. Gustaríame volver a escoitar os fabulosos ánimos de Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat (Suma Importancia), así como os útiles consellos de Santiago Martínez Suárez. Foi tamén de gran axuda a motivación de Dolores Diz Schrader, porque se albergaba dúbidas en ir ó estranxeiro para abrirme camiño, agora non teño ningunha! Finalmente, síntome moi agradecida por teres participado gratis neste encontro, da man do incansable e eficaz grupo Emprende Máis. Querería colaborar con eles de novo no seu voluntarioso traballo, necesario para moita xente, motivando, pouco a pouco e co apoio necesario, a cada vez máis emprendedores.

Bo día!

 

En primeiro lugar presentareime. Chámome Alejandro, son un rapaz da xeración do 89 (moit@s opinamos que é a mellor colleita hehe), estudo psicoloxía e pretendo facerme un lugar no social media e marketing online especializándome no sector das mascotas (sen excluír outros). Dentro do campo en que me quero situar xa teño unha marca creada: WalKKingDogs.

 

Se algo me define é que soño esperto; e é que todo comeza por ser un soño. Agora xa te podes facer unha idea de como son, polo que me focarei en valorar o que foi para min o proxecto Vitamína - T. Comezarei polo principio, como debe ser.

 

Neste tempo tan dinámico e fugaz non é moi común ollar para atrás, mais, a min gústame e neste caso é importante. Concretamente até o día 5 deste mes. Atopábame no meu cuarto, entretido con Hootsuite e Social Bro e, mergullado entre toda a información que estaba a manexar, houbo un post que activou algo no meu cerebelo e que informaba acerca dun proxecto chamado Vitamína – T. Nada máis ver que na primeira sesión estaría presente Roberto Pérez Marijuán non o dubidei, tiña que asistir. Sendo sincero, non tiña unha idea moi clara de como serían o resto de sesións, nin coñecía Santiago Martínez ou Dolores Diz. Por sorte, a presenza de Roberto animoume a participar;  digo por sorte porque as restantes sesións me serviron para aprender de profesionais de primeiro nivel (internacional), coñecer persoas moi interesantes, promover a miña marca persoal e mesmo gañar unha tablet!

 

Penso que hai tres palabras que representan Vitamína - T: ilusión, aprendizaxe e sinerxía.

E tamén considero que hai outros tres aspectos que salientaría da miña participación: coñecer persoas moi interesantes, grandes profesionais e aprender de todos eles.

 

Nunha das sesións vimos o famoso vídeo do grande Steve Jobs en Stanford e no cal dicía que vendo os acontecementos con perspectiva acababan por xuntarse todos os puntos. Neste caso, voltando a  vista para aquel día 5, opino o mesmo. Durante estas semanas diversos puntos se foron conectando e continúo a crear o meu camiño paso a paso.

 

Para finalizar, vou citar dúas das miñas frases de cabeceira, que, por certo, son da terra ;)

 

Nunca choveu que non escampara e Se algo pode saír ben, sairá ben.

 

Como seguir os meus pasos?

 nivel persoal estou en twitter, facebook, instagram, G+ e foursquare.

Como WalKKingDogs en twitter, facebook, instagram, pinterest, G+, youtube e nos meus blogues: walkkingdogs.com e mascotas.hola.com/walkkingdogscontigo

 

Enlaces:

https://www.facebook.com/alejandro.iglesiaspampin

https://twitter.com/AlejandroIgle89

http://instagram.com/alejandroigle89

https://plus.google.com/117377107883677978396/posts 

https://www.facebook.com/walkkingdogs

https://twitter.com/WalKKingDogs

http://instagram.com/walkkingdogs

http://www.pinterest.com/walkkingdogs/

http://www.youtube.com/user/WalKKingDogs

https://plus.google.com/app/basic/110466646356014839805/about?cbp=1med7jm5j3lcq&sview=27 

Experiencias dos xóvenes nas nosas actividades

bottom of page